COLEGAS

martes, 1 de octubre de 2013

Ras verdes na Depresión Ourensá...menuda depresión...

A rá verde ibérica (Pelophylax perezi) pasa por ser un dos anfibios máis frecuentes da provincia, sen embargo, en ocasións, a abundancia dun ser vivo pode ser un handicap para detectar problemas de conservación nas súas abondosas poboacións.

Ao longo da historia foron moitas as especies "abondosas", tidas case que por pragas bíblicas, que sufriron e de que maneira a persecucións do home, chegando nos casos máis extremos a extinguirse por completo.

No caso da ra verde ibérica nada fai presaxiar que poda ter algún problema de conservación aparentemente, pero si profundizamos un chisco pode ser que descubramos algunha cousas. 

Nos derradeiros anos as poboacións desta especie sufriron unha importante merma, dita diminución foi especialmente salientable nas cuncas dos principais ríos da rede fluvial local (Loña, Barbaña, Barbantiño e Miño), parello a esta diminución, e mesmo extinción nalgún treito, detectouse unha diminución do tamaño dos exemplares observados. Esta diminución tanto poboacional como física, non se detecta noutros hábitats da Depresión Ourensá habitados pola especie, tales coma pozas ou charchas artificiais e naturais ailladas e sen contacto directo ca rede fluvial local.

Ao meu parecer pode haber unha ou varias causas, os verquidos contaminantes (principalmente no Barbaña), e a chegada do visón americano, especie alóctona que ven de conquerir o que non conqueriu o home (bueno a administración máis ben), que é a extinción local do cangrexo americano (outrora abundantísimo) no río Loña e posiblemente no Barbaña! flipa, conquerirá agora o visón americano extingui-las rás, e despois? comeranos a nos?¿ fará algo a administración para retirar do medio natural a esta especie invasora?, non direi permanezan atantos ás súas pantallas, por que ben seguro que vos sairían raices.

Nas imaxes unhas cantas ras verdes fotografadas en charcas urbanas da cidade de Ourense en datas recentes, reparade na variabilidade cromática individual que presenta a especie, e certos diseños que recordan aos morfos centroeuropeos de especies emparentadas con esta a nosa endémica rá verde ibérica ou rá de Pérez...




















No hay comentarios:

Publicar un comentario