Este mércores 30 de outubro, terá lugar un roteiro por Montealegre, ás aforas de Ourense. Esta actividade dará por finalizado o proxecto xuvenil “Movéndonos para o cambio” que Amigos da Terra Xuventude leva desenvolvendo durante estes dous últimos meses nas vilas de Ourense e Vigo.
O monte de Montealegre é un hábitat de influencia mediterránea, onde ademais, é posible a observación de anfibios e réptiles de tipo termófilo. Teremos a posibilidade de divisar como quedaron as zonas afectadas polos incendios que sufriu o lugar durante este verán, ademais de ver como se están recuperando as zonas que foron afectadas en veráns anteriores. Poranse en relevancia as necesidades de restauración e de conservación destas áreas. Por desgraza, tamén poderemos ver a existencia de vertidos de residuos sólidos urbanos ao longo do percorrido.
O punto de encontro para o inicio do roteiro será o Xardín Botánico de Montealegre ás 17:00 h.
Destinatarios/as: todas as persoas interesadas en coñecer e sensibilizarse co entorno da provincia. Especialmente para persoas entre 18 e 35 anos de idade.
Data e hora: mércores 30 de outubro, entre as 17:00 h e as 19:30 h.
Actividade gratuíta.
Se estás interesado/a en participar, envía a ficha de inscrición que aparece no final desta nova ou solicita máis información a:
Correo-e: voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
Teléfono: 988 374 318 (oficina de Amigos da Terra, Ourense)
Financia: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Martín Domínguez | |
Iniciativas xuvenís- Área de Voluntariado | |
Amigos da Terra Galicia - Membro de Friends of the Earth International | |
Rúa Progreso, 91 - Galerías
Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense Tel. [+34] 988 374 318 voluntariado.galicia@amigosdaterra.net |
|
www.amigosdaterra.net |
No hay comentarios:
Publicar un comentario