Olá de novo, como vedes en ocasións as proposicións que un se promete a sí mesmo non poden ser cumpridas na medida que un quixera. Unha vez máis as complicacións laborais fan que cada día sexa máis compricado sair ao campo, ou adicarllle tempo ao blog, pero bueno ahí vai a miña petición, paciencia pois non hai mal que cen anos dure.
Neste tempo pasado organizamos as xornadas herpetolóxicas, con variada asistencia, de varios grupos de idade que percorreron parte do territorio do concello de Ourense para coñecer algo máis da súa herpetofauna. As especies vistas en total nas xornadas foron as que siguen:
Gardafontes ibérico (Lissotriton boscai)
Gardafontes verde (Triturus marmoratus)
Ra verde (Pelophylax perezi)
Sapo corriqueiro ou rairo(Bufo calamita)
Sapo cunqueiro (Bufo bufo)
Sapiño comadrón ou coucho (Alytes obstetricans)
Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica)
Lagartixa rabuda (Psammodromus algirus)
Escáncer común (Anguis fragilis)
Escáncer tridáctilo (Chalcides striatus)
Escáncer ibérico (Chalcides bedriagai)
Cobra rateira (Malpolon monspessulanus)
Dende aquí vaia por diante o meu agradecimento a tódol@s participantes.
Que ben voltar ler cousiñas no teu blogue.
ResponderEliminarUnha aperta,
Diego R. Vieites
Trataremos de continuar aínda que sexa a trompicóns, saúdos meu.
ResponderEliminarIso, un pouquiño de seriedade, que isto parece o Guadiana.. ;)
ResponderEliminarA ver si revivimos como Daimiel!
ResponderEliminar