COLEGAS

sábado, 18 de abril de 2009

Niño de anduriña daurica en Ourense




Ben podiamos en Galicia chamar a esta anduriña, a anduriña das pontes, na actualidade nas pontes de nova construcción das bisbarras máis mediterráneas da provincia, a anduriña daúrica é unha das primeiras especies en instalarse, o niño da fotografía, xa vello, foi localizado por baixo da ponte de Eirasvedras, acceso norte da autovía das rías Baixas en Ourense.

lunes, 6 de abril de 2009

Gaivota chorona insectívora en Ourense






A gaivota chorona (Larus ridibundus) é unha especie frecuente, aínda que escasa, na comarca de Ourense, unha das actividades nas que é facil observala é cando á noitiña, se adica á caza da insectos nas cercanías de masas de auga, como o río miño ou o encoro de Cachamuiña, o exemplar da fotografia, un adulto en plumaxe nupcial, foi observado o 20 de xullo de 2009 no río Miño perto da Chavasqueira, o exemplar de primeiro verán foi localizado no mes de agosto no encoro de Cachamuiña (Pereiro de aguiar), ambos se atopaban á procura de insectos.

Limpafontes ibericos nun cemiterio....







Nas aforas da cidade de ourense, entre o antigo vertedoiro e o pobo de Vilar de Astrés, existe un antigo cemiterio medieval do século V, coñecido co nome de cemiterio paleocristiano de San Mamede, composto por un puñado de tumbas antropomórficas esculpidas nos penedos, de gran interese arqueolóxico, o conxunto tamén ten unha importante riqueza biolóxica a ter en conta, xa que as tumbas acollen augas da chuvia no seu interior, formando pozas nas que unha interesante comunidade de anfibios realiza as postas, as especies presentes son o rairo (Bufo calamita), o limpafontes verde (triturus marmoratus), o limpafontes palmado (Lissotriton helveticus) e o limpafontes ibérico (Lissotriton boscai), as fotografias foron optidas o día 5 de abril de 2009 no debandito sitio e mostran unha parella desta especie.