COLEGAS

sábado, 13 de febrero de 2010

O pavo real, unha nova especie exótica atopada en Ourense.











Hoxe, día 13 de xaneiro de 2010, foron atopados 2-3 machos e algunha femia de pavo real (Pavo cristatus), no Monte de O Cuco, pertencente ao concello de Ourense, estas imaxes amosan o macho desta especie asiática, moi habitual coma ave ornamental de parques e xardíns.

Sen sair de Ourense, no Xardín do Posío, unha das zonas verdes urbanas da cidade, podemos atopar tamén varios exemplares deste especie en réxime de semiliberdade, aínda que non soen abandoar o xardín.

A orixe destes pavos reais é, de momento, un misterio, en principio pode tratarse dun escape, aínda que parece pouco provable debido ao número de exemplares, ou pode tratarse dunha solta deliberada coa intención de introducir a especie no medio natural ourensán, quizáis con fins cinexéticos.

Os exemplares amosaban unha actitude esquiva, mantendo unha considerable distancia e fuxindo a fume de carozo á menor oportunidade, sen embargo os exemplares non foron vistos en voo.

Despois dun bon pedazo de observación os exemplares comezaron a reclamar e parecía que intentaban paradas nupciais.

A presencia desta especie foránea en liberdade pode provocar un desequilibrio ecolóxico no xa maltreito hábitat do monte do Cuco, cheo de lixo a causa dos últimos magostos.

1 comentario:

  1. Ola Alberto!

    Como che comentei por teléfono, hai unha poboación de pavos reais en semiliberdade preto de Berlín, en concreto na illa de Pfaueninsel (illa dos pavos reais en alemán) sobre o río Havel e ao lado do turístico Wannsee (mírao aquí: http://en.wikipedia.org/wiki/Pfaueninsel). En abril de 2007 Atocha e eu vimos alí ademais 2 Dendrocopos medius "a güevo".

    Saúde,
    Damián

    ResponderEliminar