COLEGAS

domingo, 26 de octubre de 2014

Un país de Cabrois!

"A diferenza entre a estupidez e a xenialidade é que a xenialidade ten os seus límites"-Albert Einstein (1879-1955)- Físico alemán.

Era eu aínda un rapazolo adolescente alá polos anos noventa do pasado século cando a miña mestra de galego (Manuela) me ensinou aquelo dos bloques dialectais do galego. Todo un descibrimento para min que o único galego que estudiara até entón era o normativo. Manuela era reintegracionista, e grazas a ela aprendín que o galego é un idioma tan policromático coma o mesmiño arco da vella, cheo de matices e fermosuras.

Daquela aprendín que no bloque dialectal oriental fan o plural rematado en -ois, é dicir pantalóns serían pantalois, e cabróns serían cabrois.

Xa algún de vós estará a pensar que toleei, pero despacio que todo ten a súa explicación.

En algunha ocasión nos achegamos a través das páxinas deste blogue á tristemente coñecida das nosas cabras montesas autóctonas (Capra pyrenaina lusitanica) desaparecidas entre o fin do século XIX e principios do XX a causa da persecución directa por parte do ser humano. Tedes máis info nos segintes enlazamentos: aquí e aquí



Extinguida a raza propia das serras do norte e noroeste da Península Ibérica, co paso dos anos puxéronse en marcha proxectos de reintroducción coa raza da cabra montesía propia das serras do centro peninsular a cabra montés de Gredos (Capra pyrenaica victoriae). Así, na provincia de Ourense atopamos cabras montesías na actualidade na serra do Eixo (A Veiga) nos Montes do Invernadeiro (Vilariño de Conso) e na serra do Xurés no parque natural e reserva da Biosfera Xurés-Gêres. Todos estes puntos non supoñen na actualidade nen un 10 % da distribución orixinal da subespecia lusitana.

Recentemente comezou a máis que polémica tempada de caza, e digo polémica por que este ano os tiros xa chegaron demasiado lonxe. Sen censos  contrastado a Xunta de Galicia decidiu pola súa conta e risco que as cabras montesas da serra do Xurés xa son demasiadas e hay que cazalas, que nos da igual que sexa rede Natura 2000, que estexamos nun Parque Natural, etc etc, que hay que cazalas e punto, algo que ilegalmente xa estaba a acontecer sen que se tomaran as medidas oportunas, que conste!. 

Pois señores vaiamos por partes, se unha asociación de cazadores, pola súa conta e risco, decide que vai mercar unhas cabras montesas (cos seus propios recursos), soltalas no monte, deixar que críen, e despois cazalas, pode ser discutible, pero alomenos non dispoñen de recursos públicos que son de todos para o seu uso lúdico, e digo lúdico por que me nego a califica-la caza como unha actividade deportiva. De deporte ten o que teño eu de monxa.

Agora ben, o proxecto de reintroducción da cabra montes na reserva da biosfera transfronteiriza Xurés-Gêres foi mil veces posposta por que España non quería perder a exclusibidade da especie (é un trofeo desexado en media Europa e que soio se podía cazar en España). Finalmente ocurriu a solta de exemplares provintes da aclimatación de exemplares de Gredos feita no Parque Natural do Invernadeiro, fai uns anos. Eses exemplares custan cartos, e o proxecto de reintroducción tamén, e non son catro pesos señores, falamos de centos de miles de euros investidos para que agora rematen no punto de mira dalgún cazador amigo vai tú saber de quen. 

E eu digo,se realmente sobran cabras montesas no Xurés (algo que realmente dubido) namentras exista un soio monte ou serra na que a cabra montesa estivese presente no pasado e non o estexa na actualidade eses exemplares deben ser traslocados até recuperar a distribución orixinal da especie non soio en Ourense, senón en todo o Noroeste Peninsular. Así se existe un altar dos cabrois no Macizo Central, e este xa non ten cabrois, haberá que porlle solución. Se os monxes do Mosteiro de Santa Cristina de Parada do Sil, non dicían que na Ribeira Sacra había cabras montesas, pois haberá que recuperalas! e se o rexistro fosil ao te temos acceso na serra da Enciña Lastra nos dí que alí había cabras montesas, e aínda encima é un parque natural, pois haberá que por lle solución.


Este lobby que se comunica por radio nas cacerías, e que fala en clave por se acaso, chamándolle "el de la pana" ao noso lobo ibérico, hoxe máis ca nunca dende a democracia, no punto de mira de políticos gandeiros e extremistas varios. "El de la pana" é o vernáculo críptico usado polos cazadores durante as cacerías ou montarías de caza maior, para indica-la presenza dun lobo e poder tirarlle. Úsase para evitar ser descubertos pola gardería de montes (aqueles gardas que fan ben o eu traballo, que por sorte aínda os hai), e que poden intervir e escoitar as comunicacións dos cazadores durante as cacerías. Pero lectores, as tecnoloxías avanzan, e seguramente o fan en contra da nosa fauna e principalmente en contra "del de la pana", o noso lobo que se está a enfrontar ao lobby non so dos cazadores, senón de banqueiros e políticos, como o derradeiro maqui da fauna galega.




É por iso, amigos que eu voto por un país de cabrois, que non leven gravata, por uns montes cheos de lobos e cabrois, pero sen  escopeta!

5 comentarios:

  1. Umha entrada moi fermosa Alberto. Co teu permiso vou meter o enlace no facebook.
    O bom do galego reintegrata (á parte de ser o correcto) é que permite "integrar" essas formas dialectais muito melhor. A terminaçom "-oes" (nom sei cómo caralho pór o til nasal sobre o -e- ) estandar nom é nem mais nem menos que esse "-ois" do Leste de Galiza e áreas limítrofes de Castela e Astúries.

    PD. Antes de te-la lido já decidira dar-lhe umhas voltas ao galego reintegracionista, por aquilo de nom o esquecer; nom tem que ver com ese comentário da túa mestra.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Xabi. Tratei de farcer unha entrada á antiga usanza deste blogue. Agardo continuala. Un saudo.

    ResponderEliminar
  3. Unha nova entrada con sentimento! Amena e de agradable lectura. Parabéns Alberto!!

    ResponderEliminar
  4. Grazas tocaio. Namentres algúns xogan cos cartos públicos os talentos autóctonos están na diáspora. Así vai o país.

    ResponderEliminar
  5. Xabier, Control+alt+4, e despois escribes a letra:ã. Interesantes posts, grazas Alberto. Un saúdo. Miguel C. T.

    ResponderEliminar