"A única posibilidade de descubrir os límites do posible é aventurarse un pouco máis neles, hacia o imposible"- Arthur C. Clarke (1917-2008)- Escritor inglés de ciencia ficción.
Teño que confesar denantes de abordar esta complexa entrada que a miña intección en orfixe era facer unha entrada sobre a toponimia ourensá asociada á presencia do oso pardo (Ursus arctos). Cando comencei o periodo de documentación ao respecto fíxenme a seguinte pregunta, cal é ou era o nome que na provincia, ou en Galicia se lle da ao oso?. A resposta pareceu sinxela nun principio, oso ou urso, aínda así a resposta podería facer levar a enganos ao confundir certa toponimia asociada a óso (de osamenta ou esquelete). Problemática que tamén foi abordada no veciño Portugal, onde so se aceitaba o vernáculo "urso", cando na fala viva do Norte do país veciño existía tamén o vernáculo oso. Na escrita as diferencias fonéticas dilúense, e o imperativo dunha normativa xeral, sexa no idioma que sexa, despóxanos da autenticidade dialectal da lingua.
Para a redacción desta entrada tiven que retroceder moito no tempo, ata as raices mesmas do galego e incluso moito antes, xa que o galego é un idioma que se alimentou durate séculos de diversas linguas anteriores, por por un exemplo sería como un gran río no que desembocan numerosos regatos e pequenos ríos, todos aportan a súa auga ao río principal diluindo a súa propia identidade.
Ben comezaremos por retroceder no tempo, e informarnos das fontes mesmas do galego e darnos conta que os galegos, en certo modo falamos moito alemán. E isto ten a súa explicación.
A maior parte dos idiomas europeos proceden dun tronco común, o indoeuropeo, ou proto-indoeuropeo, linguaxe propia dos primeiro agricultores que segundo ian extendendo a súa cultura ían extendendo o seu idioma, que cos matices das diferentes linguas indíxenas, foron resultando diferentes idiomas máis ou menos localizados. No contexto Ibérico parece que existiron duas linguas "indoeuropeas" e de cultura "celta", o lusitano, no Norte e Noroeste da Península, e o Celtívero no resto. con diversos matices locais aportados polas diferentes tribus localizadas por ese tempo en Iberia.
Ben, podemos asumir que os pobos da península dese tempo (idade do ferro), eran de cultura celta, cultura que se extendía por gran parte da Europa Occidental dende Alemania (Germania), pasando polas illas británicas, Franza etc. Eses pobos, que hoxe chamariamos paganos ou pagáns, tiñan o seu propio olimpo de deuses, e a súa propia relixiosidade, e os seus propios animais totémicos. Parte deses animais totémicos eran considerados tabú, e o seu nome non podía ser pronunciado, e a súa imaxe non podía ser representada. Esta tradición pénsase que ten a súa orixe moito antes, no Paleolítico, e explicaría a ausencia de certas especies animais na arte rupestre da época. Esta tradición de tabú mantense na actualidade en certas zonas con respecto ao lobo (chámaselle Xan ou outro nome por que o nome do lobo non pode ser pronunciado). Esta tradición celta deu como resultado a aparición dos vernáculos actuais non pobos germanos e anglosaxóns (Bär e Bear respectivamente que vería a significar "el marrón"). Cando a palabra orixinal en protoindoeuropeo seía artz ou similar e da que evolucionarían arctos en grego ou o propio nome do rei Arturo, que sería o rei oso en gaélico (o rei arthur, segundo a lenda tería prohibido matar osos, xa que era o seu totem). Como vedes a historia se complica. xa que aínda que o galego é unha lingua romance (deribada do latín), bebe tamén das linguas indíxenas anteriores á conquista romana da península, sendo a mezcla destas linguas co latín as que deron como lugar a aparición das diferentes linguas romances do Sur da Europa. Ben, por si todo isto non fose suficiente, temos unha deusa celta Artio, que se representa en ocasións baixo forma de oso. (esta deusa se asimilaría con Artemisa, deusa graga da caza).
A crenza dos pobos máis primitivos no tabú do oso, fixo que en certas culturas, co paso dos séculos, se asimilasen palabras doutras linguas para referirse ao plantígrado animal, así en euskera (que non é un odioma de orixe indoeuropea) teriamos palabras con posible raiz celta como artz, hartz ou artzá. A raiz arth e art das linguas centroeuropeas para oso é a mesma que para "estrela" e viría a significar "o que brila" e tería moito a ver con certa estrela da constelación da Osa Maior.
Ben a historia sería que entón, dependendo da crenza local ou non do tabú do oso, teriamos certos topónimos comezados por art- no Noroeste ibérico, que poderían farcer referencia, á presenza do oso ou á deboción da deusa Artio (deusa oso). (Arteixo, e Artón estarían nesa órbita).
Seguindo coa historia teriamos que trasladarnos á caida do imperio romano de Occidente, nesa época prodúcese a chegada ao Norte peninsular dun pobo bárbaro de orixe centroeuropea, os Suevos , de cultura Xermánica, unha corrente migratoria dunhas 30000 persoas que en pouco tempo formarían o primeiro e máis antigo reino de Europa, Suevia. A este reino, que durante máis de 500 anos dominou gran parte do Norte e Occidente Peninsular, debémoslle, tamén outra forte aportación centroeuropea ao galego. Que se ve reflexada non tanto no galego oficial, coma no galego da rúa. Me explico, á hora de abordar os nomes vernáculos dos seres galegos, atopamos que gran parte deles teñen unha orixe xermánica e non latina, xa que o galego normativo tende a fixar un nome oficial para cada especie, habitualmente o máis latino. Laverca (Alauda arvensis) sería un dos poucos nomes xermánicos oficiais na Galiza, e é común ao portugués.
Ben, como vedes a historia segue a complicarse por momentos...Estes pobos xermánicos aportaron a palabra Bär, e dela resultarían os topónimos referintes ao oso con raiz (Br-) como Bruñeira, Brufe e certos vernáculos coa mesma raiz, coma esbardo.
Por último teriamos as formas máis latinas para referirse ao oso, que serían próximas ao latín orixinal ursus, e aínda vivas no Caurel, Ancares, Tras-os-Montes en Portugal e tamén en Zonas de Zamora, como en Sanabria, esta forma é urso, e existen topónimos asociados coma o río Ursaria.
Unha vez dito todo isto, que no é pouco, imos desglosar primeiro os vernáculos astur-leoneses. A presenza continuada da especie durante os derradeiros anos fixo que Asturias e zonas próximas conserven o maior número de vernáculos da peninsula para a especie moitos deles de clara orixe non latina.
Albarión e Bardión son usados en Asturies para referirse a un oso adulto, para as crías existen vernáculos como albarcín, albarciu, alberciu,
albarín, esbardu, esbardo, esgañu, ñalgañu, rancaño (que tamén é apelido en Asturias!) osu, rascañu. Este punto resulta interesante, xa que Albarión, Albarcir, parecen relacionarse con Alvariza e Albariza, as construccións circulares típicas para protexer as colmeas en zonas con presencia de osos. Pero máis aínda en certas zonas as albarizas ou alvariñas eran lugares con concentración de colmeas.....
En Cantabria teriamos vernáculos como escanu, escaña, escañetu, osicañu e
rascañu.
Tedes esta e máis información de vernáculos peninsulares sobre o oso pardo no seguinte enlazamento AQUÍ
Como vedes, seguramente nun pasado recente a riqueza vernacular para o oso pardo na provincia de Ourense foi moito maior no que na actualidade parece, e a través da próxima entrada, a dos topónimos oseiros de Ourense, achegarémonos á problematica da orixe dos topónimos crípticos que nun momento dado poden facer referencia ao plantígrado.
Por último tendes no foro celtiberia ampla información sobre o tema, moito mellor explicada que a miña.
Así e todo apunto a un posible vernáculo en áreas do macizo central, de posibel orixe xermana, bruzo.
De tódolos xeitos, un blogue é unha árbore que se alimenta dos seus comentarios, que enriquecen a información, así, me encantaría que aportasedes os vosos propios vernáculos das zonas que coñecedes.
O reino dos suevos foi Gallaecia, assim aparece documentado uma e outra vez. Suévia pode ser um epíteto romántico, mas não era o nome do reino.
ResponderEliminarPor outra banda, muito interesante artigo.