COLEGAS

martes, 12 de marzo de 2013

O can de Castro Laboreiro.

O can de Castro Laboreiro é unha raza canina outóctona propia do pobo de Castro Laboreiro, situado no portugués Parque Nacional da Peneda Gêres. 

E diredes vós, non sin razón, e logo porqué mete "este" unha raza portuguesa aquí, moi fácil, porque aínda que o can de Castro Laboreiro é propio do pobo homónimo, podédelo atopar tamén en puntos da parte galega da Serra do Xuré, do Quinxo e Laboreiro.

O can de Castro Laboreiro é, xunto co da Serra da Estrela, tamén en Portugal, unha das razas caninas máis antigas da Península ibérica, e presúmese unha antigüidade de varios milenios, tres polo menos, o cal nos traslada a un can que vixíaba os primeiros gandos domésticos dos habitantes dos castros propiamente ditos.

Trátase dun can de gran tamaño, dócil co amo e excelente gardián, o que se traduciu nunha eficaz arma para os habitantes da serra á hora de defender os seus rabaños perante aos depredadores, orixinalmente ursos (Ursus arctos), lobos asnais (Canis lupus) e lobos cervais (Lynx sp).

O aillamento da zona xeográfica con presencia desta raza fixo que non sufrise grandes cambios ao longo dos milenios, e que posúa unha escasa variabilidade xenética. Na actualidade preséntanse tres tons de cor, o negro, o pardo e o can do monte (atigrado! moi bonita referencia cromática).

Trátase dunha raza en perigo de extinción e protexida no país veciño, no ano 2003 quedaban apenas 96 exemplares puros. Por sorte surxiron nos derradeiros anos iniciativas para a promoción da raza e a súa cría que aumentaron exponancialmente os exemplares e a distribución da raza.

Na actualidade o canil de Castro Laboreiro exporta exemplares a USA, Canadá, Angola e España a un prezo de 450 euros o exemplar.














Na nosa provincia existen exemplares en diversos puntos, pero especialmente no concello de Entrimo, onde o can goza dunha xustificada boa sona coma can gardián e pastor. Os exemplares que aquí se amosan foron fotografados o pasado día 2 de marzo de 2013 no pobo portugués de Castro Laboreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario