A "Sociedad Herpetológica Española" ven de declara-lo sapoconcho común (Emys orbicularis) como Especie do Ano para este 2013. Dito galardón é unha estratexia conservacionista, xa mencionada, que pescuda chama-la atención sobre a situación e grado de conservación dunha especie determinada.
No tocante ao sapocoocho europeo ou común, a regresión das súas poboacións no continente europeo ven sendo xeneralizado nas derradeiras décadas. Dita dimunición ven xerada pola alteracións dos seus hábitats, a recolección ilegal no medio natural, a competencia con especies alóctonas, e o seu consumo como alimento de vixilia (feito que ten ido en descenso nos derradeiros anos).
Oficialmente en Galicia, a especie habita nas Gándaras de Budiño (Pontevedra), e nas cuncas dos ríos Arnoia e Avia en Ourense.
Extraoficialmente hai datos de peso que parecen sinalar a súa supervivencia nas cuncas do Sil, Miño, Támega e Limia.
Co gallo de por de manifesto o grave estado de conservación das poboacións do sapoconcho europeo en OUrense, celebraranse unha serie de actividades en diversos puntos da provincia da que vos manteremos puntualmente informados.
Graciñas por difundir a informacion meu.
ResponderEliminarnon hai de que. temos catro actividafes en proceso. asi q a cousa non vai mal saudos
ResponderEliminarDacordo, cando teñas algo medio pechado haberia que poñelo no blog do proxecto.
ResponderEliminar