Nos derradeiros días véñense producindo importantes concentracións de úbalos (Carduelis spinus) nas ribeiras dos ríos ourensáns, pondo de manifesto a importancia da conservación da vexetación de ribeira para o correcto funcionamento dos nosos ríos.
O úbalo é un pequeno paseriforme amante das sementes dos amieiros, que nos visita en inverno en gran número, para marchar chegada a primavera, cara latitudes máis norteñas.
A contaminación e a máis que incorrecta xestión da vexetación de ribeira por parte das autoridades competentes está facendo do amieiro unha árbore en perigo, axudada asemade por unha sorte de peste fúnxica que os está facendo secar en moitos puntos.
Nestas imaxes unha femia de úbalo da boa conta das sementes dos amieiros do río Barbaña, o máis contaminado da provincia, extraoficialmente claro...
No hay comentarios:
Publicar un comentario